A investigación STEM
Materia extracurricular. Técnicas básicas en Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas
O proceso de investigación
Estratexias necesarias na actividade científica. Planificación e realización de proxectos e investigacións. Presentación de informes científicos
A xestión administrativa, económica e financeira do proxecto
Preséntanse contidos relativos a xestión económica dun proxecto de investigación
Recollida e análise de datos
No proceso investigador é imprescindible a análise de datos, a formulación e estudo de hipótese, o deseño de experimentos, … É imprescindible o uso de programas informáticos, escollemos o paquete estátistico R
Técnicas experimentais en ciencias
Introducese a experimentación básica nun laboratorio. Este estudo posibilita a comprensión de conceptos que encerran dificultade cando unicamente se expón desde un punto de vista teórico.
O proxecto de deseño industrial “BAUROU”
Acercase o deseño industrial, a través da iniciativa da BAUHAUS, onde a docencia, se combina coa experimentación. O proceso de deseño vai ser à inversa a partir dun produto final analizar todo o proceso de deseño, fabricación e comercialización
Contaminación de augas
Analízanse os aspectos de calidade da auga (cos seus efectos para a saúde e o medio ambiente), aplicando estes contidos a un entorno próximo á cidade de Vigo. O obxectivo é dar a entender aos alumnos que a auga é un recurso renovable sempre e cando se controle adecuadamente o seu uso
Xestión de residuos
Analízanse os residuos xerados pola actividade humana, sobre todo nos países desenvolvidos, ocasionando un grave problema xa que rompen o equilibrio nos ciclos naturais.
A súa xestión debe ter como obxectivo conseguir un modelo produtivo e social limpo no que se minimice a produción, diminuindo o seu número en orixe e aplicando sitemas de tratamento e recuperación.